martes, 23 de abril de 2013

Ademais tivemos uns invitados sorpresa na clase,mirade que simpáticos.Estaban un pouco nerviosos.

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o día do libro ,apadriñados e amadriñados polo alumnado de 6ºC.
Despois do recreo baixamos todos o patio e nos leron un libro elexido por eles.Foi unha actividade formidable!

jueves, 18 de abril de 2013

Hoxe tivemos un día moi axetreado.A primeira hora a científica Luisa somerxeunos no mundo mariño.Foi alucinante todo o que aprendemos! E despois do recreo,visitounos Fina Casalderry,contounos historias incribles e firmounos o libro que fixemos de "Quen me quere adoptar?"E todos marchamos co noso libro firmado.
E para mostra aquí vos deixamos unhas cantas fotos.


viernes, 12 de abril de 2013

O TANGRAM

Hoxe na clase de matemáticas estivemos prácticando co tangram.Mirade que figuras fixemos.Foi moi divertido!

martes, 9 de abril de 2013

Con motivo do mes do libro,o alumnado de 2ºB estamos a facer un libro baseado no conto de Fina Casalderrey, "Quen me quere adoptar? ".Hoxe comezamos a montaxe,uns debuxando e outros pegando e recortando.Por agora non vai nada mal!



lunes, 8 de abril de 2013

Bos días a todos.Hoxe estivemos recordando os corpos xeométricos e fixemos unha actividade matemático-plástica.Construíndo estas figuras. Faremos a nosa pequena colección.

viernes, 5 de abril de 2013

Hoxe os nosos compañeiros de 2ºA,nos convidaron a un teatrillo de sombras chinesas ¡Foi unha pasada!



miércoles, 3 de abril de 2013

MOEDAS

Hoxe na clase de matemáticas estivemos vendo as moedas.E fixemos un pequeno resumo neste cartel.